O Grupo Popular únese á reivindicación da veciñanza de Camiño Romai e Casas Vellas que acredita o abandono, a falta de xestión e o falso respecto polo medio ambiente do goberno local de Lugo.
No cruce de Casas Vellas, Ponte Romai e rúa da Soidade, reventou un colector hai máis de medio ano. Desde entón prodúcese un vertido continuo de augas fecais ao río Rato. Unha situación inaceptable desde o punto de vista medioambiental.
Pero ademais hai un problema engadido de seguridade. No lugar existe un socavón coa rúa agretada que podería ceder en calquera momento e colapsar a vía neste tramo. Falamos dunha rúa con tráfico habitual, utilizada como acceso ao polígono do Ceao desde Ponte Romai.
Os veciños presentaron senllos escritos no Concello e na Confederación Hidrográfica do Norte advertindo da situación. A única resposta do goberno local foi colocar unhas vallas que son insuficientes para garantir a seguridade.
O PP presentará un rogo a pleno para que se solucione de forma urxente esta situación xa que “non se pode mirar para outro lado ante un vertido fecal a un río e ante un risco evidente para vehículos e persoas. Esiximos unha actuación inmediata para reparar o colector, eliminar o vertido e asegurar a vía”.
