InicioMovementos sociaisCaamaño pon en valor os avances nas instalacións nas instalacións do Hospital...

Caamaño pon en valor os avances nas instalacións nas instalacións do Hospital de Calde

As instalacións foron oncibidas para atender de forma centralizada as necesidades da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e con capacidade para procesar ata 1.000 quilos de roupa ao día

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este martes o Hospital de Calde para pór en valor o carácter avanzado destas instalacións, concibidas para atender de forma centralizada as necesidades da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e con capacidade para procesar ata 1.000 quilos de roupa ao día.

Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, o titular de Sanidade lembrou que o Executivo autonómico investiu neste servizo máis de 256.000 euros, incluíndo tanto a obra como o equipamento técnico.

A lavandaría, que ocupa unha superficie próxima aos 250 metros cadrados, funciona como un servizo centralizado que dá cobertura a todos os centros de atención primaria da área sanitaria. Na actualidade, procesa entre 400 e 500 quilos diarios, aínda que está dimensionada para duplicar esa cifra se a demanda requíreo. Ademais, está prevista a ampliación do persoal co obxectivo de dar máis servizo ao propio Hospital de Calde.

Segundo explicou Gómez Caamaño, esta actuación enmárcase na Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, ao concentrar o lavado nun único punto, optimizar recursos e mellorar a sustentabilidade do sistema, garantindo ao mesmo tempo os máximos estándares en prevención de infeccións.

Aproveitando a visita, o conselleiro supervisou tamén as obras de mellora realizadas nas unidades de saúde mental do centro, ás que a Xunta destinou un investimento adicional de 50.000 euros.

As actuacións centráronse en crear contornas máis acolledoras, funcionais e seguros para pacientes e familiares. Entre as melloras destacan a renovación da sala de estar e o comedor na área de coidados residenciais, a reforma dos espazos de coidados especiais e a incorporación de novo mobiliario para o almacenamento de roupa persoal. Así mesmo, optimizáronse as zonas destinadas ao descanso e ao apoio psicolóxico das familias.

O conselleiro concluíu a súa visita agradecendo o labor dos 84 profesionais que desenvolven o seu traballo no Hospital de Calde, así como o compromiso dos responsables dos servizos de Psiquiatría e de Coordinación de Servizos Técnicos, Paula Cores e Fermín Janeiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...