InicioSociedadeDenuncian a presenza de vermes na comida dunha residencia universitaria privada en...

Denuncian a presenza de vermes na comida dunha residencia universitaria privada en Lugo

A Xunta di que as inspeccións non atoparon nada fóra do normal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estudantes denunciaron a presenza de vermes na comida servida no comedor dunha residencia universitaria privada do campus de Lugo. Así o confirmou o reitor da USC, Antonio López, en declaracións a Europa Press. Matizou ademais que non é nin un comedor nin unha residencia xestionada pola universidade, aínda que lles preocupa “na medida que pode afectar os estudantes”.

O reitor espera que os responsables actúen para que os estudantes “poidan ter o mellor servizo”. Neste sentido, a Consellería de Sanidade confirmou a Europa Press que, recibida a denuncia, os servizos veterinarios de inspección da Dirección Xeral de Saúde Pública acudiron ao centro para proceder coa súa análise.

A inspección das condicións hixiénicas e operacións obtiveron un resultado correcto, do mesmo xeito que as condicións de almacenamento das materias primas. Confirman que tampouco se observaron signos de presenza de pragas. Con todo, destacan que a empresa deberá presentar as medidas que prevé adoptar para investigar as posibles causas da presenza da larva no alimento.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...