Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade de ouro, para marcar distancias con José Tomé “xa que optou por manter as imposicións do presidente na sombra” ao negarse a apoiar a moción do Grupo Popular para “acatar a sentenza do Tribunal Supremo e reincorporar ao cadro de persoal da Deputación aos 16 traballadores que enviaron a Tragsa”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, apelou “á responsabilidade” da presidenta da Deputación para que demostrase “coherencia e valentía”, desmarcándose das decisións adoptadas por José Tomé, unicamente en base ás liortas políticas dentro do PSOE, para “garantir o respecto á legalidade, á transparencia e os dereitos dos traballadores”.
Antonio Ameijide recorda que “defendemos no pleno o cumprimento íntegro da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG, así como os posteriores acordos adoptados sen respectar as competencias do pleno”.
