InicioSucesosDetidos tras roubar a persoas vulnerables, entre elas, unha con diversidade funcional

Detidos tras roubar a persoas vulnerables, entre elas, unha con diversidade funcional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home e a unha muller por cometer dous roubos con violencia “co mesmo modus operandi” no que asaltaban en plena rúa, en zonas pouco iluminadas, a persoas vulnerables.

Segundo informa a Policía nun comunicado, en ambos os casos estes individuos seguiron o mesmo plan: primeiro achegábase a muller ás vítimas, facendo de “gancho”; tras o cal aparecía o home e asaltaba violentamente aos prexudicados para subtraerlles os efectos persoais.Os delitos “cometíanse mediante un plan preconcibido entre os agora detidos”, no que aproveitaban zonas de pouca iluminación e tránsito de persoas.

No caso da primeira vítima, presentaba unha diversidade funcional, e no da segunda, os presuntos autores observaron un estado de embriaguez na mesma que aproveitaron. As vítimas tiveron que acudir aos servizos médicos para ser asistidas das múltiples feridas que presentaban. Axentes de Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo detiveron aos presuntos autores para ser postos a disposición do xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...