InicioSociedadeLugo pon en marcha o transporte rural a demanda este luns con...

Lugo pon en marcha o transporte rural a demanda este luns con conexións ao HULA e ao centro

O servizo pioneiro unirá catro núcleos con taxis a prezos de autobús urbano e servirá como proba piloto para estendelo a máis parroquias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo municipal de transporte rural a demanda de Lugo comezará a funcionar o vindeiro luns, 16 de febreiro, e conectará catro núcleos rurais do Concello a través de taxis que funcionarán dunha forma similar ao autobús. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciou este sábado a data de posta en marcha deste servizo “pioneiro”, sobre o que asegurou que converterá a Lugo na segunda cidade galega en contar con transporte público nas zonas onde non chega o transporte urbano ou metropolitano.

O servizo funcionará de luns a venres comunicando os núcleos de Vilachá, Beizo, O Pondelo e As Regas, con catro frecuencias diarias. Os traxectos chegarán ata Sindicatos (8.35, 12.35, 16.25 e 20.55) e ata o HULA (8.25, 12.35, 16.15 e 20.45). A veciñanza só terá que pagar 0,64 euros, o mesmo custo que unha viaxe en bus urbano, nun sistema que contará con liñas, horarios e paradas fixas, sempre que exista unha demanda previa por parte dos usuarios.

PROBA PILOTO

Esta iniciativa funcionará como unha proba piloto durante os próximos meses, o que permitirá ao goberno local coñecer as necesidades reais e o uso que a veciñanza faga do transporte para seguir planificando a súa expansión a máis parroquias. O plan conta cun orzamento de 15.000 euros e manterase activo ata que se esgote dita partida, servindo para identificar posibles retos antes da súa posta en marcha definitiva.

Para facer uso do transporte, as persoas residentes nos núcleos beneficiados deberán realizar a súa solicitude chamando ao teléfono 982 213 377 antes das 22:00 horas do día anterior á viaxe. Arroxo destacou que este modelo é unha aposta por levar os servizos públicos ao rural de xeito eficiente e económico para os usuarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...