InicioCulturaO centro social A Herdeira proxectará dous filmes sobre a recuperación de...

O centro social A Herdeira proxectará dous filmes sobre a recuperación de entroidos tradicionais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro social A Herdeira proxectará este xoves 12 a partir das 19h dous documentarios sobre a recuperación de dous entroidos tradicionais: ‘Os merdeiros. A recuperaçom’ (2013) en Vigo e ‘O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao’ no Moredo (Chantada).

‘Os merdeiros. A recuperaçom’ (2013) – 28 min

O merdeiro é unha personaxe tradicional de Vigo que xorde da histórica rivalidade entre mariñeiros e campesiños. Extinguida nos anos 20 do século XX por causa de ordenanzas municipais, hoxe volve ser unha figura fundamental do entroido vigués. No documental, as protagonistas da súa recente recuperación explican como foi este proceso e como se adaptou aos tempos actuais.

‘O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao’ (2016) – 29 min

O Entroido Ribeirao é unha celebración moi antiga da Ribeira Sacra en Chantada que resistiu no Moredo a ditadura franquista e o despoboamento das aldeas. No documental falan veciños e veciñas que mantiveron o Entroido nos tempos en que estivo prohibido, a pesar da represión política e relixiosa, do reto do relevo xeneracional e da minusvaloracion da ruralidade e os seus costumes e festividades.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...