InicioEconomíaCinco negocios incipientes para revitalizar o rural lucense

Cinco negocios incipientes para revitalizar o rural lucense

A Deputación entrega os premios Emprendendo Rural a cinco negocios que, estímase, xerarán trinta novos postos de emprego en zonas en risco de despoboamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os gañadores dos premios Emprendendo Rural mantiveron este mércores un encontro coa deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, responsable de Promoción Económica e Social. Na xuntanza, explicaron os pasos de cara á apertura destes cinco novos negocios, escollidos pola capacidade de dinamizar a economía no rural lucense.

A Deputación de Lugo calcula que estas cinco iniciativas, a cada unha das cales apoia con 10.000 euros, comportarán en conxunto a creación de trinta postos de emprego en zonas en risco de despoboamento. López Izquierdo asegurou que o compromiso do goberno provincial co rural “non é un eslógan coma o de outras administracións públicas galegas, senón que se demostra con feitos e iniciativas”. A deputada defendeu o bo uso dos recursos institucionais para “mellorar a calidade de vida dos veciños” e “impulsar o crecemento na provincia”.

No acto, as emprendedoras deron a coñecer os negocios que están a piques de abrir.

iTechTermtres universitarios instalados en Arneiro desenvolveron un chip subcutáneo para monitorizar a temperatura das vacas de leite, permitindo actuar de xeito precoz en caso de anomalía.

Almazara de Aceite: un rapaz estabelecido en Taboada plantará dez hectáreas de oliveiras e erguerá unha almazara para producir aceite agroecolóxico. 

Radisservizo de detección pasiva e activa de gas radon, que achega medidas para a súa eliminación no caso de que se presente en concentracións prexudiciais para a saúde.

Centro Residencial San Vicente: a promotora, arquitecta e emprendedora, rehabilitará un edificio en Rábade para mudar en residencia para cincuenta e tres maiores con e sen dependencia.

Cantina Albergue Camiño de Santiago: esta emprendedora porá en marca un negocio nas Seixas, en Palas de Rei, ao pé do Camiño Primitivo, aumentando a insuficiente oferta para os 15.000 peregrinos que deben agardar a Melide para atopar estes servizos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...