InicioPolíticaPrensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O deputado Daniel García destacou que “a temática do relevo xeracional debe ser prioritaria no deseño das políticas de desenvolvemento rural e na aplicación transversal de políticas encamiñadas a dar resposta á crise demográfica nos entornos rurais”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía “A agroecoloxía é o relevo”, que se celebrará o  7 e o 8 de febreiro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.


A xornada, organizado polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.


O deputado de Rural Daniel García e a secretaria xeral do SLG, María Ferreiro, presentaron o programa do foro, nun acto que contou tamén coa presenza de Eloi Cabanas, concelleiro do BNG en Mondoñedo.


A responsabel do Sindicato debullou un programa cun importante peso da parte formativa. “As persoas mozas con interese en incorporarse á actividade demandan acceso á formación en proxectos que sexan rendibles. De aí que contemos con persoas de distintos ámbitos, desde a universidade ou a formación profesional agraria ata as oficinas comarcais agrarias ou espazos innovadores como Eo Alimenta, ademais de experiencias directas de persoas que xa pasaron polo proceso de dar o relevo, tanto na produción de carne como de leite ou horta”.


Na súa intervención,  Daniel García destacou que “a temática do relevo xeracional debe ser prioritaria no deseño das políticas de desenvolvemento rural e na aplicación transversal de políticas encamiñadas a dar resposta á crise demográfica nos entornos rurais”.
O deputado incidiu na importancia de fortalecer “modelos produtivos baseados na sustentabilidade e na produción de alimentos saudables e de calidade diferenciada con formación e cunha rede de entidades de apoio e asesoramento sólidas. Hoxe maís ca nunca, tras a ameaza directa que supón o acordo entre a UE e Mercosur, defendemos modelos que prioricen os dereitos das persoas labregas, a sostibilidade e a produción propia de alimentos”


Nese terreo, encadrou a colaboración da área de Rural coa organización da xornada, que vinculou a outras iniciativas impulsadas desde a entidade provincial desde o respecto polo medio, a herdanza da  nosa tradición agraria e a xestión do territorio, como o programa Da Escola á Granxa ou o apoio ao grupo de produtoras Eo Alimenta.


No acto, destacouse tamén a escolla de Mondoñedo como sede do Foro como lugar emblemático do potencial da produción de horta. As persoas que desexen asistir á xornada poden inscribirse nos formularios dispoñibles na web e nas redes sociais do Sindicato Labrego Galego.


ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...