InicioSociedadeRebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

Foi tras o acordo coa víctima que foi violada cando tiña 12 anos tras ser entregada pola súa nai, tamén acusada, a un home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de agredir sexualmente a unha menor en complicidade coa nai da vítima, uns feitos que tiveron lugar entre 2017 e 2019. Desta forma, Fiscalía e acusación particular chegaron a un acordo con ambos os avogados defensores, polo que os acusados recoñeceron os feitos conseguindo unha rebaixa da pena desde os 27 anos que se pedían inicialmente até os tres anos e sete meses, a cambio aseguraron unha indemnización para a vítima de 150.000 euros, moi por encima dos 20.000 que solicitaba a Fiscalía.

Os feitos remóntanse a 2017, cando a vítima, que tiña naquel momento 12 anos de idade, foi obrigada pola súa nai a manter relacións sexuais co home en varias ocasións. Os feitos repetíronse durante dous anos até o día o seu décimo cuarto aniversario. Ademais, a nai foi acusada de malos tratos, xa que, como recoñeceu, golpeou á menor porque choraba durante as agresións, algo do que se queixaba o home. Por cada encontro a menor recibía 50 euros, pero tiña que entregar a metade á súa nai.

Ao final, aceptaron os dous acusados unha pena de 3 anos, 7 meses e 4 días de prisión, que se cumprirá integramente con ingreso nos próximos días, en ambos os casos por agresión sexual e indución á prostitución. Ademais, el deberá manter afastado da vítima durante 6 anos e despois terá un período de liberdade vixiada de 5 anos, ademais da prohibición de traballar preto de menores por outros 8.

Ela contará coa mesma pena, á que se lle suman 40 días de traballo comunitario polos malos tratos, ademais de afastamento por 6 anos e inhabilitación da patria potestade por 1 ano. Tampouco poderá traballar en contacto con menores por un período de 8 anos.

Esta cuantiosa rebaixa da pena foi en común acordo pola vítima, que a día de hoxe xa é maior de idade e “busca unicamente unha reparación económica á altura dos feitos“, tal e como explicou o avogado da acusación particular, Jacobo Vázquez.  “Os dous acusados xa ían recibir unha importante rebaixa nas penas por dilacións indebidas no proceso, que se atrasou máis de cinco anos, e tamén pola reparación do dano, debido a que xa ingresaron na conta da vítima 100.000 euros. Pero, o importante é que ela con este diñeiro poida refacer a súa vida“, concluíu o avogado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...