InicioEconomíaChuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras reunirse coa nova presidenta da Deputación e coa conselleira de Medio Rural, os manifestantes manteñen as protestas e ameazan con intensificalas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de Gandeiros Galegos da Suprema concentráronse novamente este xoves ante a sede da Xunta en Lugo. Baixo unha choiva persistente, varias decenas de profesionais do sector primario reclamaron un posicionamento político claro contra o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur, un pacto que, en palabras da presidenta de Agromuralla, Noelia López, supón “aniquilar o sector“. A tensión inicial vivida ante a sede administrativa co colectivo Elas Eles disolveuse rapidamente baixo o berro unánime de “non a Mercosur“.

Antes da negociación coa conselleira María José Gómez, os representantes do sector mantiveron un encontro coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López. Esta reunión deixou unha sensación “agridoce” nos gandeiros, xa que, aínda que a institución provincial se comprometeu a levar as súas demandas a pleno para buscar o consenso, os profesionais esixiron feitos e non “palabras de despacho”. López insistiu en que as cláusulas de salvagarda son hoxe “auga de borrallas” se non figuran no escrito inicial do acordo, dado que os países de Mercosur xa adiantaron que non as aceptarán.

A POSTURA DA XUNTA E A FALTA DE ACORDOS

Durante a reunión celebrada este mediodía, a conselleira de Medio Rural reiterou o compromiso do Goberno galego de intensificar os controis para evitar a entrada de produtos de fóra que non cumpran os estándares europeos. Así mesmo, María José Gómez reclamou ao Ministerio de Agricultura que lidere as inspeccións en fronteira e aplique as cláusulas espello. En materia de sanidade animal, a titular autonómica trasladou unha mensaxe de tranquilidade sobre a dermatose nodular contaxiosa, aínda que instou ao Executivo central a desenvolver unha vacina preventiva e a contemplar indemnizacións para os afectados.

Malia estas explicacións, as organizacións convocantes consideraron que a reunión non trouxo os acordos esperados ante a “falta de compromisos reais“. Aínda que valoran a intención da Xunta de velar pola trazabilidade dos alimentos, os gandeiros cren que “non é suficiente“. Noelia Rodríguez recalcou que, aínda que a negociación final dependa dos eurodeputados, a Consellería debe actuar como o seu interlocutor inmediato e defensor ante as instancias superiores para evitar o que consideran unha “traizón” en Europa.

CONTINUIDADE DAS MOBILIZACIÓNS E MARCHA A PÉ

Ante o que consideran unha resposta insuficiente por parte das administracións, as mobilizacións en Lugo non se deteñen. Este xoves pola noite, sobre as 22:00 horas, os gandeiros volverán concentrarse ante a Xunta para realizar un aceso de faroliños dos tractores, que seguen ocupando un dos dous carrís da Rolda da Muralla. Segundo o balance dos colectivos, na cidade herculina permanecen estacionados máis de 150 tractores como mostra visible do conflito.

As accións reivindicativas darán un novo paso este venres, 16 de xaneiro. Está prevista unha marcha a pé que partirá desde a sede da Xunta e percorrerá as rúas ata chegar á Subdelegación do Goberno. Con este percorrido, os produtores buscan trasladar a súa presión tamén ao Executivo central, mentres agardan os resultados do Consello Agrario convocado para esa mesma xornada, onde se abordará a futura PAC e a redución da burocracia que afoga ao sector primario galego.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...