InicioSucesosDetida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

A denunciante relatou que un individuo lle arrebatou o bolso, co seu teléfono móbil e documentación bancaria, e que logo fuxira en patinete

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta autora dunha simulación de delito, tras denunciar que foi vítima dun falso roubo con forza.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse despois de que a muller interpuxese unha denuncia, asegurando que, o pasado mes de novembro, foi vítima dun roubo polo método do tirón, na Avenida da Coruña.

A denunciante relatou que un individuo lle arrebatou o bolso, co seu teléfono móbil e documentación bancaria, e que logo fuxira en patinete.

A investigación iniciouse tras a denuncia desta persoa, que dixo sufrir un roubo con violencia a finais do mes de novembro, facendo referencia a un tirón de bolso na vía pública, tras o que o autor fuxiría en patinete. Así mesmo, asegurou que o suposto ladrón realizara cargos non autorizados na súa conta cos cartóns bancarios roubadas.

As pescudas policiais, que incluíron o visionado de cámaras de seguridade e comprobación de movementos bancarios, permitiron concluír que non se produciu ese roubo, polo que se procedeu á detención da muller como presunta autora dunha simulación de delito.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...