InicioEconomíaTomé preside a que pode ser a súa última sesión como presidente...

Tomé preside a que pode ser a súa última sesión como presidente da Deputación

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación dun conxunto de obras para a rehabilitación de cinco estradas provinciais e do primeiro tramo da avenida Adolfo Suárez, un dos accesos á cidade de Lugo pola zona da Fervedoira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación dun conxunto de obras para a rehabilitación de cinco estradas provinciais e do primeiro tramo da avenida Adolfo Suárez, un dos accesos á cidade de Lugo pola zona da Fervedoira. Trátase da que podería ser a última sesión que presida Tomé debido ás vacacións e a que o seu cesamento está previsto para o 30 deste mes.

Nunha xunta de goberno que se celebrou en segunda convocatoria pola ausencia de cinco deputados, pecháronse un gran número de asuntos, sendo o capítulo de obras o máis destacado. O orzamento global das actuacións aprobadas supera os 630.000 euros e os traballos terán, en todos os casos, un prazo de execución de tres meses.

No municipio de Meira investiranse preto de 243.000 euros na mellora de tres vías: a LU-P-3003, que enlaza a vila coa N-640 por Leiras; a práctica totalidade da LU-P-3005, entre Couso e Vilar de Corota; e un tramo de seis quilómetros da LU-P-4806, que comunica Vilaxe con Ribeira de Piquín. As actuacións incluirán limpeza de cunetas, reparación do firme, repavimentación e sinalización.

En Mondoñedo licitouse a mellora dos dous últimos quilómetros da LU-P-3108, entre Viloalle e Figueiras, cun orzamento próximo aos 80.000 euros. Pola súa banda, en Pantón acometerase a rehabilitación integral da LU-P-4104, de Seguín a Vos Peares, cun investimento superior aos 100.000 euros para actuar sobre máis de 15 quilómetros de vía.

En Lugo capital, a Deputación renovará o primeiro tramo da avenida Adolfo Suárez, entre a rotonda con Serra de Meira e Montero Ríos e o final do solo urbano, cun investimento de máis de 200.000 euros destinada ao fresado e repavimentación do firme, mellora de servizos e nova sinalización.

CONVENIOS CON COLECTIVOS
Na mesma sesión, a xunta de goberno deu luz verde a varios convenios de colaboración por un importe conxunto superior aos 166.000 euros con entidades sociais, culturais e deportivas da provincia. O obxectivo é sufragar a elaboración dun libro e mapa da Reserva dos Ancares; a compra dun Barco Dragón para o club Cidade de Lugo de piragüismo; o mantemento do Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, ou a instalación dun servizo de abastecemento de auga en Santalla de Abaixo.

Finalmente, acordouse a prórroga do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra para a tempada 2026 e á adxudicación do contrato de coordinación de seguridade e saúde nas obras provinciais para o período 2025-2027, entre outros asuntos.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...