InicioPolíticaRatificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de...

Ratificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de Lugo con Lago Lage á cabeza

PUBLICADA O

- Advertisement -

o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo recibiu de forma oficial a conformidade da dirección nacional do partido para a constitución dunha Comisión Xestora á fronte da organización socialista provincial, tras a dimisión de José Tomé Roca como secretario xeral, despois da crise desatada polas denuncias contra el por acoso sexual.

Tal e como se anunciou, a Comisión Xestora estará presidida por Luís Ángel Lago Lage, un militante e dirixente histórico nado en Rábade pero que comezou a súa carreira política no Concello de Cervo na década dos 90. Ocupou diferente funcións e cargos ao longo dos anos, sendo mesmo coordinador do os socialistas da provincia co cambio de século.  Lago Lage contará con outros membros relevantes do partido. Así, figura na lista a deputada autonómica Patricia Otero Rodríguez e alcaldes como o de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; Láncara, Darío Antonio Piñeiro, e Xermade, Roberto García Pernas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...