InicioSucesosDetido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun delito de estafa, en concreto, por adquirir, supostamente, débedas financeiras usando os datos do seu círculo máis íntimo. Tal e como explicou a Policía nun comunicado, o acusado adquiría produtos por Internet, en comercios online, e procedía a financialos, así mesmo, daba de alta liñas telefónicas e contrataba produtos con financeiras.

Para iso, facía uso da documentación da súa parella sentimental nese momento, da irmá da súa parella, así como dunha empregada que el mesmo tiña ao seu cargo nun restaurante da cidade. Todo iso sen o coñecemento de ningunha das tres vítimas. No mesmo comunicado, a Policía detallou que este individuo realizaba un uso ilícito dos datos destas persoas para realizar os rexistros, “suplantando a identidade das mesmas e adquirindo unha considerable cantidade de débedas a nome das prexudicadas, que alcanzarían unha suma próxima aos 3000 euros”.

Con todo, tras levar a cabo unha investigación, o acusado foi detido polo Grupo de delitos tecnolóxicos da Policía Nacional e pasou a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...