InicioCulturaLugo celebra por vez primeira as probas caninas internacionais de Agility

Lugo celebra por vez primeira as probas caninas internacionais de Agility

A cidade recibirá milleiros de visitantes durante a fin de semana para as probas caninas de Agility, puntuables para os campionatos internacionais

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Lugo mudará esta fin de semana na capital canina de España, coa celebración por vez primeira na cidade das probas de Agility puntuables para os campionatos nacionais e internacionais. O certame desenvolverase no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense, e conta cun total de 1.300 perros inscritos, tamén doutros estados coma Francia ou Portugal.

Ademais das probas puntuables para os campeonatos nacionales e internacionales, o Pazo de Feiras acollerá asemade varias exposicións de morfoloxía canina, organizadas pola Sociedade Canina Galega. Prevese a chegada de milleiros de visitantes dende o venres, xornada na que se celebrarán as primeiras probas Agility.

A alcaldesa Lara Méndez agradeceu aos organizadores a escolla de Lugo para o encontro. A xuízo da rexedora, non hai “lugar mellor” para as probas caninas tendo en conta que a cidade “conta con unha das mellores facultades de Veterinaria de Europa”.

Méndez salientou que o evento suporá “un importante retorno socioeconómico” e “unha grande oportunidade de promoción para Lugo”. Así mesmo, valorou que xunto co patrimonio material e inmaterial, os visitantes poderán apreciar unha “cidade verde, sostible e amiga dos animais”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...