InicioPolíticaO BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

Néstor Rego reclama que o Executivo acelere a implantación dun órgano comprometido no Acordo de Investidura e lembra que debe chegar acompañado de máis medios humanos e materiais para atender ás vítimas con eficacia e humanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a “acelerar” os trámites necesarios para pór en marcha “canto antes” o xulgado específico de violencia de xénero en Lugo. Ademais, lembrou que a creación deste novo órgano xudicial foi un dos compromisos recolleitos no Acordo de Investidura, pero a súa implantación “está a sufrir demoras inxustificadas”. Así o denunciaron este martes os nacionalistas, en concreto, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, trasladou esta demanda durante unha visita á capital lucense, onde se reuniu co persoal dos xulgados para coñecer a súa situación actual.

Rego, que estivo acompañado polo portavoz do BNG e tenente de alcalde do Concello, Rubén Arroxo, e polo Vicepresidente da Deputación Efrén Castro, destacou que “a creación do xulgado específico de violencia de xénero é fundamental para garantir unha atención máis eficaz, especializada e humanizada ás vítimas”. “O Goberno debe cumprir o acordado e demostrar coa súa acción que a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade real, tamén en Lugo”, concluíu Rego. Con todo, os nacionalistas insistiron nunha nota de prensa en que a posta en funcionamento deste xulgado “debe vir acompañada dun incremento de recursos materiais e humanos”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...