InicioSucesosRescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que cortar as coitelas do vehículo agrícola para liberar á vítima, que foi trasladada ao hospital Lucus Augusti de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller á que lle quedou atrapada unha perna nun motocultor na localidade lucense de Begonte. Tal como informa o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 14.00 horas e foi o propio persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do suceso, ocorrido nunha leira do lugar de Fondevila, en Gaibor, Begonte.

De inmediato, ata o punto desprazouse o persoal sanitario a bordo dunha ambulancia, así como os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e o GES de Friol-Palas. Os profesionais tiveron que retirar as coitelas do vehículo agrícola para liberar á muller, que foi evacuada ao hospital Lucus Augusti de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...