Home Política O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

0
O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026
A deputada socialista Lara Méndez - PSdeG

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de converter a Axencia de Turismo de Galicia nunha “chequera da presidenta do PP de Lugo, Elena Candia”, a través dos orzamentos autonómicos de 2026.

Durante a comparecencia do director do organismo parlamentario, Méndez afirmou que a Axencia está a “soster con fondos públicos unha estratexia de clientelismo político” destinada, segundo dixo, a “mercarlle vontades a Lugo e á súa provincia con fins electorais”.

A parlamentaria sinalou que os recursos do ente público “van repartindo diñeiro a eito polas parroquias, asociacións e colectivos”, e cuestionou que moitas das partidas aprobadas teñan escasa ou nula relación coa promoción turística.

Entre os exemplos citados, Méndez mencionou a financiación de festas de disfraces organizadas por unha panadería vinculada a unha persoa das listas do PP, a contratación dunha orquestra a través dunha consultora de enxeñaría ou a construción de dúas prazas de aparcamento nun centro social.

CHAMAMENTO Á REFLEXIÓN

“Non criticamos que se financien festas ou melloras en centros sociais, pero habería que ver se iso lle corresponde á Axencia de Turismo”, ironizou a deputada socialista, que instou á Xunta a “facer unha reflexión seria” sobre o destino e a xestión dos fondos deste organismo.

O PSdeG considera que estas actuacións revelan un uso partidista dos recursos públicos, e reclamou maior transparencia e control nas subvencións destinadas ao ámbito turístico.

+ posts