InicioSucesosDous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Segundo informa a Policía Nacional, durante as pasadas festas de San Froilán estaba a detectarse un incremento de furtos de teléfonos móbiles en locais de lecer da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional de Lugo, coa colaboración de indicativos de Seguridad Ciudadana, conseguiron deter a dous homes considerados os autores do furto de teléfonos móbiles de alta gama.

Segundo informa a Policía Nacional, durante as pasadas festas de San Froilán estaba a detectarse un incremento de furtos de teléfonos móbiles en locais de lecer da cidade. Por esta razón por parte da Comisaría Provincial de Lugo procedeuse ao establecemento dun dispositivo para a localización dos autores.

Froito desta operación, tras ser detectados polos membros do grupo de investigación, coa colaboración duns indicativos de radiopatrullas, logran interceptar e deter aos autores, con varios dos terminais roubados, sendo postos a disposición da autoridade xudicial.

A Policía Nacional non descarta que poidan estar implicados en máis feitos similares polo que a investigación segue aberta. Ata o momento, recuperáronse cinco terminais de telefonía móbil, valorados nuns 5.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...