InicioSucesosUn mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

O fiscal pedía para el oito anos de prisión, pero, tras haber pago parte da indemnización e comprometerse a abonar o resto, conseguiu unha rebaixa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous anos de prisión por violar ata en dúas ocasións a unha menor nun hotel de Lugo, ao que a levou tras darlle MDMA. A Audiencia Provincial de Lugo resolveu este martes este xuízo por acordo de conformidade entre a fiscal, o avogado da vítima e o do agresor.

Así, conseguiu unha rebaixa de oito a dous anos da pena de prisión solicitada, facendo valer como atenuante o feito de abonar parte da indemnización e de comprometerse a abonar o resto nun prazo de 24 meses, que ascende a máis de 12.000 euros. Ademais, ao ter unha pena inferior a dous anos, solicitou a suspensión da condena, polo que non entrará en prisión a condición de que non delinca no próximos catro anos.

Os feitos remóntanse a 2022, cando a vítima pasou a noite de copas xunto ao agresor, consumindo ambos os alcol e drogas. Despois de fornecerlle MDMA levouna a un hotel en Lugo, onde, despois de varios tocamentos, “violouna vaxinalmente, sen usar condón, tras sometela agarrándoa polo pescozo en dúas ocasións“.

Finalmente, deixou á vítima, que estaba totalmente desorientada, en Sarria, onde esta conseguiu localizar á súa nai e a súa irmá, que a orientaron a pór a denuncia. Ademais, o mozo non poderá achegarse á vítima a menos de 200 metros nin comunicarse con ela no próximos catro anos e seguirá outros 2 en liberdade vixiada. Tampouco poderá exercer profesións vinculadas a menores no próximos tres.

AGRESIÓN SEXUAL OURENSE

Por outra banda, un home foi condenado este martes no Xulgado do Penal nº 2 de Ourense a pagar unha indemnización de 3.000 euros e a abonar unha multa a razón de cinco euros durante catro meses por cometer un delito de agresións sexuais ao tentar obrigar a unha muller a masturbarlo.

O Ministerio Fiscal e a letrada da defensa chegaron a conformidade, de tal forma que Fiscalía reduciu a pena inicial de dous anos de prisión a unha de nove meses de cárcere por considerar que os feitos foron cometidos en grao de tentativa. Ademais, o acusado conta con antecedentes similares por un delito da mesma natureza, pero non ingresará en prisión por non ser considerado reo habitual, é dicir, por non cometer tres delitos similares no últimos cinco anos.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...

O Supremo ratifica a expulsión dun garda civil de Lugo condenado por maltratar á súa parella

A Sala do Militar do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que ratifica a resolución do...