InicioSociedadeRacismo en Lugo: aparecen pintadas contra musulmáns e o PSOE

Racismo en Lugo: aparecen pintadas contra musulmáns e o PSOE

"Moros de Mierda" e "Perros, Vox es la solución" aparece escrito ao carón dunha mesquita e da sede do PSOE na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As inmediacións da mesquita As-Salam, situada na zona norte da cidade de Lugo, foron obxecto de pintadas insultantes e símbolos de inspiración nazi. Na madrugada deste luns apareceron pintadas frases nas que se podía ler “moros de mierda”, que foron realizadas durante a noite nunha fachada da rúa Túnel de Oural próxima. Trátase do primeiro ataque destas características do que se ten constancia na zona.De feito, no barrio existe unha ampla comunidade islámica, “totalmente integrada”, como sinalan, que vive en paz con todos os seus veciños. Afirman non sentir medo, xa que ademais de ser a primeira vez que se produce, non existen razóns para enturbar unha relación que é boa co resto de residentes dá zona.PINTADAS NA SEDE DO PSOEEste episodio súmase a outros incidentes recentes dirixidos contra o PSOE. En concreto, nos últimos días, a sede socialista en Lugo foi obxecto de dous actos vandálicos, ambos con mensaxes de odio e referencias de extrema dereita. Nun deles apareceu os pintada “Perros, Vox é a solución”, evidenciando un clima de tensión que preocupa tanto a veciños como a representantes políticos.As autoridades locais condenan enerxicamente estes actos, que consideran unha ameaza directa contra a convivencia e a tolerancia, e manteñen aberta a investigación para identificar os responsables.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...