Home Lugo e contorna Lugo Dous feridos nun accidente na N-VI que provoca retencións

Dous feridos nun accidente na N-VI que provoca retencións

0
Dous feridos nun accidente na N-VI que provoca retencións
Unidade da Garda Civil de Tráfico | Foro Policía

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente con dous vehículos implicados ocorrido na N-VI, ao seu paso pola cidade de Lugo, e que provocou retencións.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 14,10 horas no quilómetro 501, un punto situado en preto do balneario.

Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Garda Civil e a Policía Local.

+ posts