InicioSociedadeIncendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

O lume afectou principalmente ás parroquias de Xusto de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos, obrigando a desaloxar a varios veciños e cortar temporalmente a A-8 e a N-634.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá o incendio en Barreiros que afectou principalmente á parroquia de Xusto de Cabarcos, en Vilamar, e que se estendeu a Celeiro de Mariñaos despois de iniciarse pasadas as 16.00 horas da tarde deste domingo.

Segundo as estimacións provisionais, o lume arrasou un total de 80 hectáreas e obrigou a cortar nalgún momento a circulación da A-8 e da N-634, que foron abertas pouco despois, aínda que se recomenda precaución pola presenza dos equipos de emerxencia nas vías.

Así mesmo, houbo que desaloxar a varios veciños, que non chegaron á decena, pola proximidade das chamas, aínda que estas non alcanzaron as casas, polo que non houbo que lamentar perdas de construcións nin máis feridos despois dos cinco brigadistas que foron evacuados ao Chuac en estado grave con queimaduras de segundo grao.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explicou que as persoas evacuadas durante a tarde “por precaución” volveron durmir a maioría ás vivendas. Ademais, durante a noite as brigadas continuaron traballando de forma continuada abrindo gabias para evitar a progresión do lume, que se estendeu con rapidez entre os numerosos eucaliptos da zona “ata que a chegada da choiva axudou a estabilizar a situación”.

Para a súa extinción mobilizáronse 32 brigadas, 24 axentes e 4 técnicos en canto a efectivos, ademais de 28 motobombas, catro pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.

Desde o Concello de Barreiros manifestaron o seu agradecemento “ao inmenso labor dos brigadistas, persoal de extinción e demais efectivos que traballan arreo para controlar as chamas e por suposto, desexarlles unha pronta recuperación aos 5 birgadistas da unidade helitransportada de Castromaior que onte resultaron gravemente feridos”.

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

A subdelegada do Goberno participa nunha sesión formativa de “A Administración Cerca de Ti”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou nunha sesión formativa do programa...