InicioCulturaCoñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148...

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Cinco espazos culturais acollerán, entre o 22 e 27 deste mes, as proxeccións, nas que hai unha destacada presenza de films en galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de Autor de Lugo, que chega a súa XLVII edición e que se celebrará entre os días 22 e 28 con proxeccións en cinco espazos culturais da cidade. Este venres desvelouse o contido deste festival, organizado pola asociación Fonmiñá en colaboración coa Xunta de Galicia, Deputación, Concello de Lugo e USC, ademais dunha infinidade de colaboradores do ámbito sociocultural da cidade, que tamén estiveron presentes na súa presentación oficial na Sala de Novas Tecnoloxía, que quedou pequena para acoller ao gran número de asistentes.

Os membros de Fonmiñá Xulio Xiz e Manuel Curiel foron os encargados de desagregar o contido do programa que se desenvolverá en dúas vías diferenciadas pero intimamente relacionadas, as propias proxeccións e as actividades complementarias. No primeiro grupo serán máis de 148 proxeccións, aínda que este número correspóndese só coas oficiais e non se inclúen os visionados que se realizarán nas actividades complementarias. 50 destas serán en lingua galega. Este ano, como avanzou Curiel, presentáronse ao festival un total de 1365 películas, unha nova marca de aspirantes a concurso, “e iso que somos un dos poucos festivais que non ten premios en metálico“, explicou.

Mantéñense como sempre as seccións habituais con ‘O mellor do ano’ e a ‘Sección Oficial’ todos os días ás 10.00 e 22.00 horas, respectivamente, no auditorio Gustavo Freire. Todas estas películas contarán este ano coa proxección curtametraxes antes do filme. Tamén o ciclo infantil é neste centro, que este ano quedou reducido a unha única película, ‘Flow, un mundo que salvar’, que poderá verse o sábado 27 ás 12.00 horas. Esta redución responde á inclusión da sección ‘Cinema de Nadal’, con proxeccións todas as tardes de martes a xoves na Sala da Xunta de Galicia, e que se corresponden con películas de animación. Así mesmo, neste marco proxectaranse 13 longametraxes da sección de ‘Cinema Galego’, tamén de martes a venres, ás 18.00 e 20.00 horas.

A Deputación acollerá dous ciclos, ás 17.30 será o momento dos documentais e ás 20.00 o cinema homenaxe, que este ano estará presidido pola celebración do centenario de ‘A Quimera de Ouro’, de Charlot, que é tamén o protagonista do cartel da Semana de Cinema, obra do lucense Primitivo Marcos, que fixo varios deseños antes de escoller o actual. Esas probas sortearanse entre o público da sección oficial. A primeira película homenaxe será ‘A sombra do castiñeiro’, que se verá o luns, dunha laureada María Vázquez, actriz chantadesa que deu o gran salto polo seu papel en ‘Matria’. Seis films de ‘Cinema Español Inédito’ e un para falar de ’90 Anos de Radio en Lugo’ completan a programación cinéfila desta semana con visionados na Biblioteca. O Vello Cárcere será o lugar que acolla as proxeccións das curtametraxes, ás 17.30 serán os xenéricos, e ás 20.00 os feitos en galego.

ÚLTIMAS

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...

A Deputación de Lugo asina un convenio de 40.000 euros con Avifauna para fomentar a educación ambiental

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG) asinou este mércores un convenio...