InicioCulturaFalece o dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo

Falece o dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo

Manuel Lourenzo participou tamén en películas como Entre Bateas (2001) e en series televisivas como Mareas vivas (1998) ou Fariña (2018), onde interpretou ao narcotraficante Vicente Otero Pérez, coñecido como Terito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo faleceu este domingo na Coruña aos 82 anos. “Sentimos profundamente o falecemento de Manuel Lourenzo, alicerce e referente da cultura galega contemporánea, que recibiu o premio de honra da Academia en 2021. Transmitimos nosas máis sentidas condolencias aos seus familiares, amigos e compañeiros”, compartiu a través da rede social ‘X’ a Academia Galega do Audiovisual. Tamén compartiu as súas condolencias a Deputación de Lugo, fíxoo a través do seu perfil nesta mesma rede social, nunha publicación na que enviou “todo o seu ánimo” a familiares e amigos de Lourenzo. Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cualificou o falecemento de Lourenzo como “unha gran perda para o teatro e a cultura galega”.

Nacido en Ferreira do Valadouro (Lugo) en 1943, Manuel Lourenzo era “un dos grandes referentes” das artes escénicas pola súa “ampla produción como dramaturgo, polo seu recoñecido traballo na dirección e interpretación e por ser impulsor de grandes iniciativas culturais a favor do teatro”, tal e como explica a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Manuel Lourenzo participou tamén en películas como Entre Bateas (2001) e en series televisivas como Mareas vivas (1998) ou Fariña (2018), onde interpretou ao narcotraficante Vicente Otero Pérez, coñecido como Terito.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...