InicioEconomíaA Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Así mesmo, asinouse a venda dun lote de terreos no lugar de Adega, na parroquia de San Facundo de Ribas do Miño, Paradela, por case 30.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación que se formalizou este martes entre a Deputación de Lugo, por medio do seu presidente, José Tomé, e os novos propietarios.

No polígono de Begonte, a empresa Safety Cars Ocasión S.L adquiriu unha parcela de 2.257 metros cadrados por un importe de 46.972 euros. Esta compañía dedícase á compra e venda de vehículos novos e de segunda man, así como á súa reparación e conservación.

Con esta operación, o polígono de Begonte atópase practicamente completo, quedando dispoñibles unicamente dúas parcelas cun valor total de 53.000 euros.

Doutra banda, no polígono industrial de Paradela, situado no lugar de Gandarón, a empresa Metal Power S.L, especializada en carpintaría metálica, adquiriu as parcelas 15, 16, 17 e 18, sumando un total de 4.569 metros cadrados por 150.374,93 euros.

Deste xeito, “facilítase” a chegada de actividade industrial a este parque, onde aínda quedan dispoñibles 13 parcelas cunha media de 1.000 metros cadrados cada unha, das 19 que conforman o recinto cunha superficie global de 32.280 metros cadrados.

Así mesmo, asinouse a venda dun lote de terreos no lugar de Adega, na parroquia de San Facundo de Ribas do Miño, Paradela, por case 30.000 euros. Estes terreos, que pertencían á Deputación de Lugo e que quedaran libres tras a construción dunha nova ponte provincial, foron adxudicados por Lareira dás Viñas López Otero, SL.

Pola súa banda, o presidente provincial, José Tomé, explicou que estas operacións “impulsan a implantación de novas empresas na provincia e fortalecen a actividade económica e a creación de emprego no rural”.

Cabe lembrar que os polígonos industriais xestionados pola Deputación de Lugo continúan ofrecendo oportunidades para a implantación de novas empresas, xa que hai parcelas dispoñibles en Baleira –12 de 27–, Castroverde –39 de 51-, Cospeito –21 de 27–, Friol –25 de 55– e Ourol –2 de 3–, mentres que o polígono de Chantada está completamente ocupado.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...