InicioSucesosCachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

Os condutores destes vehículos teñen as mesmas taxas máximas de alcoholemia que para automóbiles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico con alcoholemia positiva. Un deles mesmo superou o límite penal, ao arroxar 0,64 miligramos por litro en aire respirado. Así figura no balance de incidencias do corpo municipal, que alerta de “unha problemática cada vez máis frecuente” como é o uso do patinete como medio alternativo de mobilidade para circular tras haber bebido. Con todo, os condutores destes vehículos teñen as mesmas taxas máximas de alcoholemia que para automóbiles.

Ademais, durante un destes controis, detectouse na rúa Ramos Misioné ao condutor dun turismo que case quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia, ao arroxar 1,11 miligramos por litro en aire respirado na primeira medición. Como se negou a realizar a segunda, instruíuse contra el un delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, ao longo da semana pasada a Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que consumira cocaína e a outro que circulaba sen carné.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...