InicioSucesosSaída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

O suceso ocorreu ás 06.00 horas na parroquia de Atán; os servizos de emerxencia evacuaron os afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo e caer por un terraplén no municipio lucense de Pantón. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 06.00 horas deste sábado na N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán e foi un particular o que deu a voz de alarma.

A central de emerxencias alertou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Monforte e á Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os bombeiros descartaron intervir xa que todos os ocupantes estaban fóra do vehículo. Os profesionais sanitarios evacuaron a catro das cinco persoas que viaxaban no coche.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...