InicioLugo e contornaLugoO alcalde de Lugo reclamará unha conexión "xusta" ao presidente de Renfe

O alcalde de Lugo reclamará unha conexión “xusta” ao presidente de Renfe

Segundo informou o Concello lucense nun comunicado será nunha reunión en Madrid e que foi solicitada formalmente polo rexedo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reunirase o vindeiro mércores, día 18 de xuño, co presidente de Renfe, Álvaro Ferández de Heredia, para reclamar unha conexión ferroviaria “xusta” para a cidade.

Segundo informou o Concello lucense nun comunicado, o encontro, que levará a cabo en Madrid, foi solicitado formalmente polo rexedor e forma parte dunha estratexia planificada para mellorar os servizos ferroviarias de Lugo, na que se inclúe a pasada reunión co secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano.

“Estamos nun momento decisivo para o futuro da mobilidade en Lugo. En menos dun ano inaugurarase a estación intermodal, pero sen trens competitivos corremos o risco de ter unha estación baleira. Esta reunión é clave para garantir servizos dignos e igualitarios”, reivindicou Miguel Fernández.

Tal como apuntou, defenderá unha batería de melloras que inclúe tanto medidas de carácter inmediato como propostas estratéxicas a medio prazo. Entre elas atópanse a implantación dun servizo matinal que permita chegar a Madrid antes das 10.30 horas, “esencial” para as viaxes laborais e administrativos.

O alcalde exporá que esta frecuencia poida implantarse ben mediante unha saída directa desde Lugo ou con transbordo en Ourense, “sempre garantindo un tempo de viaxe inferior a cinco horas”.

Ademais, solicitará unha frecuencia á tarde que permita regresar desde a capital en horario “apropiado”, así como o restablecemento da posibilidade de facer viaxes de ida e volta no mesmo día, “opción que se perdeu coa recente supresión da ligazón co último AVE da noite”.

Entre outras melloras, Miguel Fernández reclamará unha mellor conectividade coa cornixa cantábrica. Tamén no plano estratéxico, porá sobre a mesa a inclusión efectiva de Lugo no Corredor Atlántico de Mercadorías.

“Lugo non pode seguir esperando eternamente. A cidade necesita planificación, orzamentos e prazos, non anuncios soltos”, sentenciou o rexedor.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...