InicioPolíticaBesteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

Censura que a provincia ten a taxa de psicólogos e psiquiatras máis baixa de España a pesar de encabezar a cifra de suicidios e critica que pese a iso a Xunta deixa sen executar 50 millóns de euros en saúde mental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da situación crítica que vive Galicia en materia de saúde mental e acusou á Xunta de deixar sen executar 50 millóns nesta área. Alcaldes e outros representantes socialistas uníronse ao secretario xeral do PSdeG e ao presidente da Deputación lucense, José Tomé, fronte ao CIS de Lugo para recriminar ao Goberno autonómico sobre a “situación crítica” que vive a provincia en materia de saúde mental.

Gómez Besteiro criticou as esperas que teñen que realizar os pacientes para unha primeira consulta de saúde mental, “que se normalmente xa son de cinco meses de media, en Lugo as cifras dispáranse ata un 175 % máis de espera e un 150 % máis de pacientes en lista para esa primeira visita”. Sobre iso explicou que a resposta do PP “é a de sempre: máis pastillas e videoconsultas”. Besteiro elixiu o Centro Integral de Saúde para facer estas declaracións, onde sostivo que este inmoble que “é un exemplo da política do Partido Popular, un edificio que é moderno por fóra pero baleiro por dentro, sen medios nin profesionais suficientes para afrontar unha emerxencia que afecta tanto á xente maior como á mocidade”.

Na súa intervención, lembrou que Lugo “é a que máis sofre a falta de atención en saúde mental” e lidera as taxas de suicidio en España con 16 casos cada 100.000 habitantes, “o que supón unha media de dous suicidios á semana na provincia”. Ademais, sinalou o consumo de ansiolíticos entre menores de 19 anos aumentou un 52 %, pero, pola contra, ten “a taxa de psicólogos e psiquiatras máis baixa de España”. Con base nestas cifras, criticou ao presidente Rueda por “deixar sen executar máis de 50 millóns de euros en saúde mental nos últimos dous anos, sobre todo na Atención Primaria”. Así, pediu “solucións reais e efectivas, máis recursos, e investimentos nesta materia sanitaria”. Tamén acusou á Xunta de “discriminar” e “maltratar” á provincia de Lugo “unha vez máis”, pondo como exemplo as 20 unidades de saúde mental que funcionan na Coruña fronte ás 3 de Lugo. 

Nesta liña referiuse aos anuncios realizados o luns no Consello de Goberno da Xunta para Lugo, “onde se reiteran eses malos tratos permanentes”, dixo para ascusar a Rueda de continuar “na liña das promesas incumpridas”. Así, José Ramón Gómez Besteiro explicou que se anunciaron 14 millóns de euros para a Rolda Este, “sete o ano pasado e sete este, e non se executou nada”. Tamén citou como outra promesa sen cumprir os 500.000 euros comprometidos para recuperar o cuartel de San Fernando, “que seguen sen aparecer, mentres en Pontevedra invisten 17 millóns no Pazo de Lourizán”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...