InicioSucesosUnha muller morta e tres feridos na UCI, entre eles os seus...

Unha muller morta e tres feridos na UCI, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

O home está na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que a súa parella e os seus dous fillos, menores de idade, resultaron feridos. Segundo informa o 112 Galicia e fontes coñecedoras dos feitos a Europa Press, o accidente tivo lugar sobre as 18.50 horas na LU-861, á altura do quilómetro 12, na parroquia de Candamil.

O condutor do vehículo permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), mentres que os dous menores feridos atópanse estables na UCI pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).. Foron atendidos catro pacientes: unha muller de 27 anos (A.C.E.), falecida no punto; un home de 35 anos (B.R.D.), trasladado en helicóptero ao CHUAC; e dous menores, evacuados en ambulancia ao HULA.

Era un particular o que contactaba coa central de emerxencias para alertar de que un vehículo saíu da vía e caeu por un barranco ata unha zona de maleza e de difícil acceso. O golpe foi tan forte que o teito do coche desprendeuse.

Tras recibir o aviso, o 112 activou un amplo operativo coa participación de Urxencias Sanitarias-061, que levou ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén acudiron os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Ao chegar ao lugar, os equipos de emerxencias indicaron que todos os ocupantes do vehículo estaban accesibles, pero que era necesaria a intervención dos bombeiros para o rescate, xa que o terreo no que estaban pera complicado.

O 112 confirma a morte dunha muller neste sinistro, mentres que un home, a súa parella, tivo que ser evacuado en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Tamén os dous fillos menores de idade necesitaron asistencia médica.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...