InicioSociedadeO TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A familia da menor pedía unha condena de 15 anos e unha indemnización de 10.000 euros, e a defensa recorreu contra a proba de ADN

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo na que se condenou a un home a 10 anos de cárcere por agredir sexualmente a unha menor en Lugo.

Os feitos recolleitos na sentenza relatan que o home, durante a súa estancia de fin de semana no domicilio onde vivía a nena xunto á súa familia, aproveitando que nese momento atopábanse eles dous sós, entrou na súa habitación e ofreceulle diñeiro para poder ter relacións. Cando ela lle rexeitou, volveu e obrigouna quitándolle a roupa e forzando a penetración.

A moza, que contaba 14 anos de idade naquel momento, avisou á súa nai cando o home se marchou, que a levou médico, onde lle fixeron unha exploración. Nas probas posteriores, atopáronse restos de ADN na vaxina da moza, algo que foi determinante na condena inicial e tamén na desestimación do recurso imposto pola defensa do acusado, que negaba a validez da mesma.

Tamén se presentou recurso á sentenza por partes dos pais, que pedían un aumento da pena ata os 15 anos e cifraban a indemnización en 150.000 euros fronte aos 10.000 que se estableceu no primeiro xuízo.

30.000 EUROS DE INDEMNIZACIÓN

A Sala rexeitou a petición de aumentar a pena de prisión, pero acolleu o correspondente á indemnización. Fundamentan esta decisión en que a menor tiña catorce anos cando tiveron lugar os feitos, unha idade na que “as agresións sexuais son especialmente prexudiciais”. Por ese motivo, fixa a contía en 30.000 euros.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...