InicioSociedadeUn operativo policial sanciona a varios locais nocturnos de Lugo e identifica...

Un operativo policial sanciona a varios locais nocturnos de Lugo e identifica a 25 persoas durante a fin de semana

Detectados numerosas anomalías relacionadas cos horarios, consumo de tabaco en interiroes ou falta de contrato laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo dispositivo conxunto levado a cabo esta fin de semana entre Policía Local de Lugo e Policía Nacional saldouse con varios locais de lecer nocturno sancionados e a identificación de 25 persoas. En diferentes establecementos abertos ao público os axentes detectaron varias irregularidades como manter a actividade fóra do horario permitido, ter as portas abertas durante a actividade, reproducir música sen autorización, carecer dos carteis de información obrigatorios ao consumidor ou permitir fumar no interior. Ademais, procedeuse á identificación de 25 persoas, dentro dos controis preventivos de seguridade, con intervención dunha sustancia estupefaciente e dunha arma branca.

Durante a inspección nun dos establecementos, os axentes detectaron que dúas persoas estaban a traballar tras a barra do local. Unha delas acreditou a súa relación laboral mediante nómina recente, pero a outra manifestou traballar sen contrato en calidade de extra. Ante isto, os feitos foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo, dado que poderían constituír unha infracción en materia laboral. Desde a Policía Local de Lugo lémbrase que estas intervencións teñen como único obxectivo protexer o benestar de todos os cidadáns, asegurando un contorno urbano respectuoso, seguro e axustado ás normas.

OURIÑAR NA VÍA PÚBLICA

Noutra orde de cousas, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local sorprenderon a cinco persoas ouriñando en vía pública, sendo identificados e denunciados, polo que se enfrontan a unha sanción de ata 900 euros para cada un deles. Tamén foron identificadas catro persoas por ocupar un espazo público para venda ambulante sen autorización no Mercadillo de Frigsa, o que leva unha multa de 600 euros para cada un deles.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...