InicioPolíticaO PP pide explicacións ao Goberno sobre o viaduto de O Castro

O PP pide explicacións ao Goberno sobre o viaduto de O Castro

Advirte de "un novo engano" aos cidadáns

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os representantes do PP por Lugo no Senado esixiron explicacións ao Goberno central sobre a situación do viaduto de O Castro, que está pechado por obras, e advertiu de “un novo engano” aos cidadáns.

Nun comunicado, os populares lamentaron que con este novo peche, a principal infraestrutura viaria de conexión coa Meseta “vese condicionada pola falta de xestión do Goberno central”.

Neste sentido, sinalaron que o Goberno central “ou mentiu” na resposta oficial de hai uns meses, a preguntas do PP sobre a seguridade estrutural e a posibilidade de realizar novos traballos, ou “mente agora” ao xustificar a intervención na imposibilidade de realizar estes traballos en inverno, co que “recoñecerían que xa sabían que someterían a autovía a novos peches o tráfico”.

Os senadores do PP dirixíronse ao Executivo central para que explicase por escrito se podía garantir que a reapertura se realizaba unha vez confirmada a seguridade estrutura e se estaba previsto algunha tarefa de monitorización para detectar, previr e reparar posibles danos.

Por iso, os populares entenden que “algo non cadra” á vista da resposta oficial na que o Goberno, segundo lembrou o PP nun comunicado, que a “reapertura ao tráfico realizouse cumprindo escrupulosamente todas as esixencias normativas, incluíndo as correspondentes probas de carga”.

“O certo é que o novo peche ao tráfico para poder realizar estes traballos de impermeabilización do tablado, fresado do pavimento actual e estendido de novas capas de aglomerado non nos sorprende despois dun cúmulo de malas decisións do Goberno central e atrasos que prexudicaron aos usuarios da autovía do Noroeste”, sentenciaron.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...