InicioSucesosLocalizan a dúas persoas fuxidas dun centro de saúde mental, no que...

Localizan a dúas persoas fuxidas dun centro de saúde mental, no que estaban ingresados por orde xudicial

A Policía Local de Lugo tamén atopou a dúas persoas de idade avanzada desorientadas: unha señora con demencia, pola que se interpuxo unha denuncia por desaparición, semiespida e desorientada nos soportais da Praza de Abastos, e un home que apareceu nun hotel do centro da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo, coa colaboración da Policía Nacional, localizou na Avenida da Coruña da cidade lucense a dúas persoas que fuxiron dun centro de saúde mental da provincia, onde estaban ingresadas por unha orde xudicial. Segundo comunicou nunha nota de prensa a Policía Local, foi unha das traballadoras do centro a que deu o aviso da situación. Así, a través da Sala do 092, levou a cabo a identificación e localización dos fuxidos.

Tras ser atopados, estes foron trasladados en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde quedaron baixo supervisión médica para poder ser valorados e retornados ao centro de saúde mental do que escaparan. Doutra banda, a Policía Local de Lugo tamén atopou a dúas persoas de idade avanzada desorientadas: unha señora con demencia, pola que se interpuxo unha denuncia por desaparición, semiespida e desorientada nos soportais da Praza de Abastos, e un home que apareceu nun hotel do centro da cidade, cuxo caso foi trasladado aos servizos sociais municipais.

REFORZO NOS CONTROIS POR ESTRADA

Así mesmo, o corpo local informou de que reforzou os controis na estrada de consumo de alcol e drogas co obxectivo de “garantir unha mobilidade segura e responsable”. Nesta liña, interviñeron xa a 15 condutores por positivo nalgunha destas sustancias, once por alcol e catro por drogas, en concreto haxix e cocaína. Ademais, a policía lucense fixo fincapé en que, do total de infraccións cometidas, tres foron por parte de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), os que a DGT define como aqueles de “unha ou máis rodas dotados dunha única praza e propulsados exclusivamente por motores eléctricos cunha velocidade máxima por deseño comprendida entre 6 e 25 km/h”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...