InicioSucesosChoca contra un coche aparcado e ten que ser excarcerada

Choca contra un coche aparcado e ten que ser excarcerada

O suceso tivo lugar na Praza Catasol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros tiveron que excarcerar este venres a unha condutora que resultou ferida ao chocar co seu coche contra outro estacionado en Lugo. A implicada foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Foi un particular quen, dez minutos despois das 13.00 horas, deu o aviso ao 112 Galicia dun accidente na Praza Catasol, en Lugo. Segundo informa o servizo de emerxencias, relatou que un coche acababa de chocar contra outro que se atopaba estacionado.

A única persoa implicada estaba ferida e non conseguía saír do seu vehículo. Os bombeiros municipais traballaron para liberala, tras o que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros e a Policía Local de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...