InicioSociedadeO Goberno de Lugo apoia a proposta de que a ponte sobre...

O Goberno de Lugo apoia a proposta de que a ponte sobre o Miño da N-540 reciba o nome de Tomás Notario Vacas

Tomás Notario Vacas, ademais de promotor e executor desta infraestrutura, foi tamén alcalde da cidade en dúas ocasións, primeiro por UCD e despois polo Partido Popular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo aceptou a proposta do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos para que o coñecido como Ponte Nova, ou ponte das Saamasas, reciba o nome de Tomás Notario Vacas. Esta proposta quere recoñecer ao promotor e executor desta infraestrutura, que salva o leito do Miño ao seu paso polo municipio dentro do trazado da N-540. Tomás Notario Vacas, ademais de enxeñeiro, foi tamén alcalde da cidade en dúas ocasións, primeiro por UCD e despois polo Partido Popular, quedando para a historia como o mandatario baixo o que se derrubou o Gran Teatro.

En 2021, impulsou a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario, xunto á entidade bancaria, para axudar economicamente a estudantes da provincia. O viceportavoz do Grupo municipal Socialista, Pablo Permuy, e o portavoz do Grupo municipal do BNG, Rubén Arroxo Fernández, levarán ao Pleno deste mes unha proposta conxunta para facer esta solicitude ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, que é o propietario da estrada. O obxectivo é conseguir o respaldo da Corporación para esta distinción, que se acordou por unanimidade na xunta directiva do Colexio.

“A figura de Notario Vacas está estreitamente vinculada co desenvolvemento de infraestruturas crave para as e os lucenses e que, sendo desenvolvidas ao longo da segunda metade do século XX, non só están en pleno funcionamento, senón que ademais representan proxectos icónicos para a nosa cidade relacionados estreitamente coa nosa identidade colectiva”, explicaron desde o Concello. O Grupo Municipal do PP, pola súa banda, presentará unha emenda á proposición porque a consideran “insuficiente” e queren impulsar unha declaración firme da Corporación. Anunciou o partido que o seu apoio á petición do Colexio, pero solicitou unha xunta de portavoces “para debatela con rigor e conseguir o respaldo unánime da Corporación”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...