Home Política A Xunta evita as súas responsabilidades na planta de Coeses, en Lugo

A Xunta evita as súas responsabilidades na planta de Coeses, en Lugo

0
A Xunta evita as súas responsabilidades na planta de Coeses, en Lugo
Lugar en Coeses, Lugo, onde se quere instalar unnha planta de tratamento de restos animais

A planta de biometano de Coeses, en Lugo, estivo presente este mércores na Cámara galega. Foi a través dunha pregunta da deputada do BNG Montserrat Valcárcel na que denuncia que se instalará “a menos de 500 metros das vivendas” unha fábrica de 53.000 toneladas ao ano de residuos que provocarán “cheiros 24 horas” e a vertedura de case 100 metros cúbicos ao regacho Vilalvite, afluente do río Miño.

Ademais, criticou que a Xunta a cualificase como proxecto prioritario e remarca que “concelleiras do PP votaron que non no Concello de Lugo”. Respecto diso, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, lembra que a Xunta se encarga da avaliación ambiental, pero será o Concello o encargado da licenza municipal. Por iso, pregunta ao Bloque se tamén vai reclamar ante o Concello esta cuestión. Igualmente, acusa os nacionalistas de que “son os de non” aos proxectos industriais.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here