InicioEconomíaPresentada en Fitur a nova campaña turística da Deputación

Presentada en Fitur a nova campaña turística da Deputación

"Propómoslles que viaxen polos camiños da auga", proclamou o presidente da Deputación de Lugo durante a súa intervención

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este venres en FITUR a nova campaña turística centrada na auga, coa que pretende potenciar o turismo azul en toda a provincia, apostando por un modelo de calidade e sustentable que vaia “ligado ás experiencias”.

“Propómoslles que viaxen polos camiños da auga”, proclamou o presidente da Deputación de Lugo durante a súa intervención na presentación da nova campaña turística, chamada ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’, que se produciu este venres no estand de Galicia da Feira Internacional do Turismo que se celebra estes días en IFEMA Madrid.

E é que o presidente da Deputación de Lugo destacou que ata catro camiños atravesan a provincia –norte, primitivo, francés e de inverno–, algo que o vincula a Santiago de Compostela. “Eses camiños non só se enchen de peregrinos, senón de turistas, polo que propomos que viaxen polos camiños da auga”.

Así mesmo, o presidente da Deputación reivindicou as “infinitas propostas turísticas” que ten a provincia, aínda que todas acompañadas pola auga: “Acompáñanos no deporte, a meditación, a pesca ou a gastronomía”.

CON BAÑADOR E NEOPRENO

“Teñan en conta que á provincia de Lugo hai que vir con bañador, neopreno e calzado adecuado”, sostivo o presidente da Deputación, pondo en valor os máis de 100 quilómetros de costa que ten a provincia.

A continuación, José Tomé dixo que desde a súa administración se aposta por “un turismo de calidade, ligado ás experiencias, e un turismo sustentable que contribúa como fonte de riqueza e futuro para as zonas menos poboadas da provincia e que beneficie a todos os concellos”.

Ao comezo da presentación, o condutor do acto reivindicou a “maxia das augas de Lugo”, así como a posibilidade dun turismo sustentable, de calidade e baseado “na natureza e na autenticidade das cousas”.

Tamén interviu un dos pescadores de Lugo, así como unha guía turística da provincia, que puxo en valor todas as actividades que se poden facer en Lugo relacionadas coa auga: “pesca, marisqueo, actividades náuticas ou a ornitoloxía”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...