InicioSociedadeChuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Comarcas de Lugo acumularon precipitacións de máis de 25 litros por metro cadrado este luns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte da provincia de Ourense e a montaña de Lugo. A temperatura mínima marcouna Manzaneda, con case 5 graos baixo cero.

En concreto, os medidores de Meteogalicia na cabeza de Manzaneda marcaron -4,7 ás 5.10 da mañá. Tamén se achegou a estes valores o municipio da Veiga, onde a estación situada en Xares marcou -4,3 graos ás 9.10 da mañá, e a de Corzos -3,9 ás 9.10 horas.

Os seguintes valores máis baixos tamén os anotou a provincia de Ourense. Os medidores situados en Vilela, en Verín, marcaron -3,5 ás 8.30 horas; os de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, -3,3 ás 5.40 horas; e os de Viana do Bolo, -3,1 ás 9.10 horas.

Na montaña de Lugo, tamén se rexistraron valores negativos aínda que non tan baixos. Por exemplo, no alto do Cebreiro houbo mínimas de -1,2 graos. A pesar destas temperaturas tan baixas, a cota de neve manterase na contorna dos 1.000 metros de altitude.

NEVE

Por outra banda, comarcas de Lugo como Baleira ou Muras acumularon este luns precipitacións de máis de 25 litros por metro cadrado, na mesma xornada na que tamén en localidades lucenses caeron as primeiras folerpas de neve e rexistráronse temperaturas inferiores aos 2 graos negativos.

Segundo os valores recolleitos por Meteogalicia en canto a precipitacións, a maior concentración deuse na localidade lucense de Abadín, con 28 l/m2; seguida por Riotorto, con 26,6 l/m2; e da Pontenova e Baleira, con 26,5 l/m2 ambas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...