InicioEconomíaA Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

O deputado de promoción económica e social, Pablo Rivera Capón, declarou que: "un dos nosos obxectivos prioritarios como goberno provincial é mellorar a mobilidade no conxunto da provincia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por máis de 1,8 millóns de euros, as primeiras obras do paquete de melloras das estradas para 2025.

Desta forma, o deputado de promoción económica e social, Pablo Rivera Capón, explicou que os traballos afectarán a sete vías ao seu paso por Guitiriz, O Corgo, Begonte, Xermade, Vilalba, Castroverde, Trabada e As Nogais.

“Un dos nosos obxectivos prioritarios como goberno provincial é mellorar a mobilidade no conxunto da provincia”, sinalou nunha rolda de prensa posterior á xunta de goberno.

En materia de convenios, aprobaron tres acordos para colaborar cos concellos de Castroverde, Xermade e Pol para financiar diferentes actuacións.

OUTRAS LICITACIÓNS

Así mesmo, na sesión desta xornada, acordaron licitar por un total de case 300.000 euros o servizo de control de calidade das obras da Deputación.

O contrato será de dous anos de duración prorrogables por un máis e divídense en tres lotes: un para obras e servizos, outro para prestacións executadas desde o parque móbil e outro para as obras e actuacións do resto dos servizos da institución.

Tamén aprobaron a licitación da contratación dun servizo de prevención para as especialidades de seguridade no traballo e vixilancia da saúde, por un importe de 106.230 euros e a duración do contrato será de dous anos.

Finalmente, a xunta de goberno deu luz verde para sacar a concurso público o contrato da renovación das licenzas de ‘software’ antivirus para os equipos dos postos de traballo da institución provincial.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...