InicioSociedadeUn xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e a Seguridade Social a recoñecer unha subida salarial do 3,5 por cento que foi denegada a unha traballadora mentres gozaba do permiso por maternidade ao entender que constituíu unha discriminación por razón de sexo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a recoñecer unha subida salarial do 3,5 por cento que foi denegada a unha traballadora mentres gozaba do permiso por maternidade ao entender que constituíu unha discriminación por razón de sexo. A resolución xudicial, emitida o 18 de novembro e que foi remitida aos medios este xoves polo sindicato CSIF, determina que a traballadora da oficina de Correos en Monterroso foi penalizada por atoparse de baixa por ser nai entre decembro de 2021 e abril de 2022, período no que non se aplicou a subida salarial para os empregados públicos no primeiro trimestre dese ano.

Durante este tempo, a base de cotización da traballadora non recolleu o aumento, que si se aplicou cando se reincorporou ao traballo, unha práctica que para o xulgado lugués constitúe unha vulneración dos principios de igualdade de trato e non discriminación que establecen a Constitución, a Lei de Igualdade Efectiva e as directivas comunitarias. A sentenza, que non é recurrible, lembra que calquera subida salarial aprobada durante o período de baixa por maternidade “debe reflectirse na base reguladora da prestación” para, deste xeito, garantir “unha remuneración equivalente” á que percibiría se estivese de alta.

Así pois, condena ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) e á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a regularizar a base de cotización da reclamante e abonar as cantidades correspondentes ao incremento da prestación de maternidade. Nun comunicado, CSIF valora o sentido desta sentenza “porque reafirma a protección xurídica fronte á discriminación por razón de sexo, así como o compromiso deste sindicato coa defensa dos dereitos das traballadoras a gozar de condicións laborais igualitarias durante o seu permiso de maternidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...