InicioSociedadeOs traballos no viaduto do Castro, derrubado na A-6, rematarán a finais...

Os traballos no viaduto do Castro, derrubado na A-6, rematarán a finais de ano

Os nacionalistas esixen a Puente que se reúna coa plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia en Angrois.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno central trasladou ao BNG que os traballos no viaduto do Castro, na autovía do noroeste (A-6), terminarán a finais deste ano 2024. “Tal e como recollía o acordo de investidura”, subliñan os nacionalistas. Respecto diso, a través dun comunicado, o deputado do Bloque no Congreso Néstor Rego reivindica o acordo alcanzado e comprométese a “seguir traballando para que Lugo e Galicia avancen”. Neste sentido, asegura que “co BNG, Galicia gaña”.

Nunha resposta do Goberno a preguntas do BNG, o Ministerio de Transportes afirma que as obras terminarán antes de que termine o actual exercicio. “Os traballos avanzan favorablemente e a data prevista para a súa finalización é finais de 2024, tal e como anunciou o ministro na súa visita a obra en decembro de 2023”, apunta o departamento.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...