InicioSociedadeO BNG pregunta ao Goberno sobre un novo atraso na liña Lugo-Monforte-Ourense...

O BNG pregunta ao Goberno sobre un novo atraso na liña Lugo-Monforte-Ourense por problemas no túnel de Oural tras as choivas

Néstor Rego pide ao Goberno aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG cuestionou ao Goberno sobre un novo atraso na posta en funcionamento da liña ferroviaria entre Lugo, Monforte e Ourense por problemas no túnel de Oural derivados das últimas choivas, que causaron danos nas obras. Nunha pregunta parlamentaria rexistrada no Congreso, o deputado do Bloque, Néstor Rego, instou ao Ministerio de Transportes a aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.

Rego reclama ao Goberno que clarifique se existiu un derrube da trincheira no túnel de Oural debido ás últimas choivas e se isto provocará un novo adiamento da reanudación do tráfico ferroviario na liña. Desta forma, a formación frontista apela á Adif a fixar unha “data fiable” para a reapertura da liña.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...