InicioPolíticaAlfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

A líder nacionalista aproveitou para reclamar ao Goberno do PP que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira co obxectivo de destinala ao réxime de aluguer con prezos alcanzables para que os mozos e as familias con rendas baixas poidan acceder a unha vivenda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazáronse este xoves á cidade de Lugo para asistir ás Festas con motivo do San Froilán. En primeiro lugar, sobre as 12.30 horas, a líder dos nacionalistas galegos acudiu á cidade da Muralla, onde aproveitou para reclamar ao Goberno do PP que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira co obxectivo de destinala ao réxime de aluguer con prezos alcanzables para que os mozos e as familias con rendas baixas poidan acceder a unha vivenda.

E pola tarde, o presidente da Xunta e xefe de filas dos populares acudiu a Praza Horta do Seminario para asistir aos festexos, onde reivindicou que o apoio maioritario dos lucenses ao seu partido débese a que o PPdeG “sempre cumpre con Lugo”. Ademais, o presidente puxo en valor o traballo que está a realizar en Lugo o partido liderado por Elena Candia, quen tamén participou na visita. Acompañados tamén pola secretaria xeral do PPdeG e case un cento de representantes do PP na cidade e na provincia, fixeron un percorrido polo recinto feiral.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...