InicioPolíticaO PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar...

O PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar as necesidades de cada municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular explicaron este luns nunha nota de prensa que abordarán, nunha serie de reunións por toda a provincia de Lugo, os problemas e as necesidades dos 67 concellos para poder incorporalos aos orzamentos do próximo ano.

O portavoz provincial, Antonio Meijide, esgrimiu que “unicamente” apoiándose nos representantes de cada municipio é como poden chegar a coñecer “todas as necesidades” que dependen da Deputación.

Neste sentido, sinalou que estes, ao estar en contacto directo cos veciños, son os “mellores coñecedores” do que debe facer a Deputación en cada municipio, polo que sentar con eles e escoitalos é “o único camiño para poder corrixir todas estas deficiencias”.

Por outra banda, unha vez terminadas as reunións con representantes dos 67 concellos, o Grupo Provincial Popular realizará un documento que “recolla todas as peticións e necesidades” para trasladalo ao goberno provincial de PSOE e BNG e que o teñan en conta para incorporalo aos orzamentos de 2025.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...