InicioSociedadeLugo terá o primeiro cemiterio público de mascotas de Galicia

Lugo terá o primeiro cemiterio público de mascotas de Galicia

Aprobada a contratación para a súa construción

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo vén de adxudicar o contrato para construír un cemiterio destinado a mascotas e animais de compañía na contorna do actual cemiterio municipal, nunha parcela anexa duns 800 metros cadrados de extensión. A edil de Participación declarou que “levamos meses traballando neste servizo, o que nos permitirá atender a unha proposta que a veciñanza leva tempo reclamando”. Trátase do primeiro cemiterio público de mascotas que se instalará en Galiza.

O novo espazo será pechado perimetralmente, e a zona interior será axardinada e contará con bancos e elementos que permitan crear un espazo íntimo para a lembranza dos animais falecidos. O novo cemiterio terá espazos para gardar as furnas dos animais incinerados, xunto cunha zona para gardar a chapa ou a cadea do animal. O Goberno de Lugo investirá 141.570€ nesta actuación, que se realizará priorizando o uso de materiais naturais e usará deseños respectuosos coa contorna, e contará cunha capacidade inicial de 320 mascotas en columbarios individuais para furnas, xunto cun espazo onde depositar cinzas. O novo cemiterio de mascotas contará con zonas de sombra ao plantar 19 árbores en toda a contorna, e contará con bancos, mentres que os espazos de paseo da contorna estarán decorados con pegadas de animais feitas en formigón.

Cristina López destacou o traballo realizado nos últimos anos para mellorar o Cemiterio Municipal. “Neste tempo realizamos a primeira ampliación do cemiterio desde o 2006 e melloramos espazos tanto na zona antiga como na nova”, explicou Cristina López, que engadiu “seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, atendendo tamén ás solicitudes que nos fai chegar a veciñanza”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...