InicioTerra CháGuitirizDúas persoas hospitalizadas tras caer nunha cisterna de xurro en Guitiriz

Dúas persoas hospitalizadas tras caer nunha cisterna de xurro en Guitiriz

Nas instalacións dunha granxa de porcos situada en Lagostelle

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas foron hospitalizadas tras caer nunha cisterna de xurro en Guitiriz, segundo informa o 112 Galicia no seu parte de incidencias. O persoal da granxa onde ocorreron os feitos conseguiu sacar a un deles, mentres que a outra persoa foi rescatada polos servizos de emerxencias.

Ao redor das 21.00 horas do xoves, un traballador contactou co 112 Galicia para alertar de que dous compañeiros caeran nun depósito de xurro nas instalacións dunha granxa de porcos situada en Lagostelle, en Guitiriz. Naquel momento, non conseguían velos nin contactar con eles.

Os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, dos Bombeiros de Vilalba, dos GES de Curtis, da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Guitiriz.

Un dos implicados realizaba tarefas de limpeza cunha máquina especial tras acceder pola parte superior da cisterna. Unha vez dentro, a acumulación de gases impediulle saír de novo ao exterior.

Outro traballador tratou de rescatalo pero acabou escorregando e caendo tamén dentro da cisterna. Ambos inhalaron unha importante cantidade de gases. Tras ser rescatados, foron evacuados en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...