InicioSociedadeMocidade galega no exterior participa en actividades de voluntariado en Viladonga

Mocidade galega no exterior participa en actividades de voluntariado en Viladonga

A Xunta de Galicia organiza e financia esta iniciativa que permite a 20 mozos coñecer Galicia e realizar labores de voluntariado no Castro de Viladonga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Mirandarecibiu este xoves no aeroporto de Alvedro a un grupo de mozos, beneficiarios do programa ‘Conecta co Voluntariado’, aos que felicitou por “fortalecer” os vínculos con “a súa terra de orixe”.

Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, esta iniciativa está destinada aos mozos galegos no exterior e se desarolla en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que pertence á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Deste xeito, ofrecen a 20 participantes a oportunidade de coñecer Galicia “a través de actividades de voluntariado”, que se realizarán no campo de traballo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, desde este xoves e ata o 9 de setembro.

Así mesmo, Rodríguez Miranda subliñou o “valor” das actividades de convivencia, formación e tempo libre que complementan o traballo voluntario, “creando unha experiencia enriquecedora tanto para os participantes como para as comunidades locais”.

Con todo, a Xunta lembrou que a organización da viaxe recae sobre o Goberno autonómico, así como o financiamento do programa, que ofrece a estes mozos a posibilidade de “coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...